top of page

Inicios e etapa francesa

Imagen fondo1.JPG

En 1778, o canario Agustín de Betancourt chegou a Madrid, onde combinou a formación científica nos Reais Estudios de San Isidro coa artística na Academia de Belas Artes de San Fernando.

O seu talento como enxeñeiro atraeu a atención do conde de Floridablanca, e entre os encargos que lle solicitou estivo a visita técnica ás minas de Almadén, unha das máis relevantes do país debido á súa produción de mercurio.

As tres memorias que realizou tralo seu paso por este lugar constituíron unha fonte de inspiración para a tecnoloxía  metalúrxica e mineira daquela época.

Foi responsable, en 1783, do voo do primeiro globo aerostático en España, que se elevou na Casa de Campo do infante Gabriel.

En 1784 trasladouse a París para ampliar os seus coñecementos. Os seis anos que pasou na capital francesa permitíronlle elaborar diversos estudos e informes para os ministros de Carlos IV e idear algúns inventos que logo desenvolvería en España e Rusia, como o telégrafo óptico ou a draga de rosario. Entre os seus grandes traballos contáronse a Memoria sobre la purificación del carbón de piedra, os seus proxectos para o establecemento en España dunha fábrica de caixas de carei e outra para fiar seda, ou Memoria sobre una máquina de vapor de doble efecto, desenvolvemento que realizou sobre a máquina de vapor tras unha visita a Inglaterra, onde apenas lle permitiron ver a nova invención.

Prisma Agustín de Betancourt 2.2 gal.jpg
bottom of page