top of page

Esclusa de émbolo buzo e draga do porto de Kronstadt

Imagen fondo1.JPG

En 1807, Agustín de Betancourt presentou un novo tipo de esclusa no Instituto Nacional de Francia: a esclusa de émbolo de buzo. Debido ao gran tamaño e o gasto de auga das esclusas tradicionais, propuxo canais de reducidas dimensións con esclusas de émbolo buzo, que facían posible superar os desniveis e conservar a maior cantidade de auga posible.

Na súa etapa como enxeñeiro en Rusia ideou unha potente draga para a limpeza do porto de Kronstadt. O seu motor era unha máquina de vapor de dobre efecto instalada nunha embarcación, e mediante unha serie de balancíns, eixes e rodas impulsábanse dúas cadeas conformadas por alcatruces, que se afundían nas augas e recollían a area e o lodo do fondo do porto para depositalos en naves auxiliares.

Prisma Agustín de Betancourt 3.3 gal.jpg
bottom of page