Betancourt en Inglaterra
O enxeñeiro escocés James Watt patentou en 1782 a máquina de vapor de dobre efecto. A pesar de intentar manter o seu deseño en segredo, Betancourt foi testemuña do funcionamento dunha delas en Londres en 1788. Cando regresou a París conseguiu construír a primeira máquina de vapor de dobre efecto no continente —clave para a produción masiva de produtos en numerosos procesos industriais—. Fíxoo en colaboración cos irmáns Périer, e a súa primeira aplicación foi subministrar enerxía a uns muíños na illa dos Cisnes.
En 1793, foi enviado a Inglaterra para adquirir novo material para o Gabinete. Alí estudou a máquina de Watt e a aplicación do vapor a diferentes industrias, o que fixo que fora acusado de espionaxe.
En 1796, trala declaración de guerra entre España e Inglaterra, fíxose cargo de novo do Gabinete e conseguiu, despois de varios intentos errados, a aprobación de instalación do telégrafo óptico entre Madrid e Aranjuez, aínda que o proxecto orixinal, máis ambicioso, contemplaba que a liña debía unir a capital de España con Cádiz.