top of page

Pasarela peonil e ciclista A Grela-Marineda

Pasarela 3_cVanessa Rábade.jpg

A actuación correspondente á obra “Pasarela peonil e ciclista na AC-552. A Grela-Marineda” responde á creación dun percorrido peonil e ciclista nos primeiros seiscentos metros da AC-552, estrada que pertence á Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA, Xunta de Galicia) e que conecta a cidade de A Coruña con Fisterra. O obxectivo que persegue é mellorar a circulación peonil e ciclista nun tramo moi industrializado que discorre ao carón do polígono industrial de A Grela, mediante a execución dun itinerario de mobilidade alternativa. A nova actuación permite a conexión dun polo comercial cun polo industrial e coa propia cidade de A Coruña, contribuíndo ao cambio de uso que está a acontecer nos arredores á vez que da un pulo ao desenrolo da zona ao converter a estrutura nunha parte indisolúbel da paisaxe urbana.

O elemento singular da obra é a pasarela que cruza a AC-552 sen apoiar na mediana, solucionando a problemática do cruzamento peonil cun salto livián e claro empregando un taboleiro de formas suaves e esveltas.

A luz principal da estrutura é de 85.80m e o ancho útil de 3.70m ao descontar o espazo das varandas dos 4.00m da largura total do taboleiro. O van principal é unha viga mixta de canto variábel entre 1.00m no centro de luz até 1.75m de canto máximo nos extremos. Os vans laterais son de formigón postensado, tamén de canto variábel entre 1.90m no empotramento coas pilas e o van principal até o 1.00m no extremo oposto. A lonxitude total é de 163.9 metros.

© 2022 Creado por CICCPGalicia con Wix.com

  • Twitter
  • Facebook
bottom of page