
Mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela

Trátase dun conxunto de actuacións promovidas pola Axencia de Infraestruturas de Galicia (AXI) da Xunta de Galicia en coordinación co Concello de Santiago que pretende abordar a “remodelación das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela” realzando e poñendo en valor o CAMIÑO DE SANTIAGO.
O obxecto das actuacións se focaliza en buscar unha visión integral do Camiño de Santiago como fenómeno patrimonial, cultural y territorial único, con independencia da existencia dos diferentes itinerarios que conflúen no centro histórico compostelán: Camiño Inglés, Francés, Vía da Prata, Camiño Portugués e o de Fisterra.
A estratexia seguida nas actuacións responde o planeamento integrador que a coordinación do arquitecto Xerardo Estevez deu o conxunto dos itinerarios de entrada dos diferentes camiños de Santiago a súa chegada a cidade.
Trátase de buscar unha imaxe identitaria internacional común o longo do Camiño, e de forma mais concreta mellorar a integración do peregrino na entrada da cidade de Santiago de Compostela, buscando mellorar dita percepción diminuíndo a tensión do tráfico sobre o Camiño e mellorando o mesmo tempo a mobilidade peonil na área, tratando de priorizar o peregrino sobre o tráfico rodado.
O conxunto das actuacións, que abranguen tanto a redacción dos documentos iniciais, como os proxectos construtivos, e as obras (obxecto desta presentación), se subdividen por mor da obrigada xestión e coordinación nas fases ou tramos indicados neste mesmo documento.
As actuacións, se ben inicialmente plantéxanse atendendo a súa inauguración con anterioridade o inicio do ANO SANTO 2020, por mor das vicisitudes pandémicas hanse de prorrogar ata o ano 2021 do mesmo xeito que a prórroga do Ano Santo decretada pola Santa Sede.
