


A ponte, situada no PK 6+450 da estrada PO-300 sobre o río Umia, constitúe unha infraestrutura importante tanto para o tráfico rodado como para o paso peonil do Camiño de Santiago. O 18 de abril de 2023, a rotura de varias péndolas da estrutura metálica existente provocou o seu peche inmediato por risco estrutural, xerando unha situación de emerxencia con notable impacto social.
Tras unha inspección detallada e a análise estrutural da ponte, constatouse un avanzado estado de deterioro debido á corrosión xeneralizada de elementos metálicos críticos, con amplas zonas plastificadas e serias limitacións para garantir unha reparación segura e duradeira. Á vista desta situación, determinouse como solución máis axeitada o desmontaxe completo da estrutura e a construción dunha nova ponte.
A demolición realizouse mediante un proceso totalmente controlado para evitar afeccións ao leito do río, nun contexto de elevada complexidade técnica e ambiental. Paralelamente, desenvolveuse o proxecto dunha nova ponte metálico en celosía tipo Warren, cunha luz de 54 metros e unha lonxitude total de 60 metros, adaptado ás novas condicións hidráulicas e ás esixencias funcionais e paisaxísticas da contorna.
A nova estrutura resolve de maneira integrada o tráfico rodado na plataforma superior e o tránsito peonil na inferior, incorporada no interior da celosía para o paso do Camiño de Santiago. A solución adoptada permitiu unha construción rápida e industrializada, con fabricación en taller e montaxe en obra mediante izados controlados, minimizando prazos e riscos. A actuación concluíu coa posta en servizo do ponte en xuño de 2024, incorporando criterios de durabilidade e mantemento que garanten unha adecuada conservación futura.
deseñado.













