top of page

Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento aberto nunha fase a nivel de anteproxecto, co fin de seleccionar as mellores propostas para a remodelación dos terreos que ocupa o porto de Portonovo e o seu entorno no concello de Sanxenxo

Publicación no perfil del contratante

O obxecto do concurso é a ordenación e proposta de mellora con criterios de unicidade, do ámbito que conforma o actual porto de Portonovo, así como a ordenación e mellora da súa contorna, segundo a delimitación proposta que se concreta nas bases.

Este concurso de ideas, ademais de mellorar a actividade económica portuaria, pretende lograr unha profunda reflexión sobre a relación do porto de Portonovo co núcleo urbano do mesmo nome. As necesidades a satisfacer son as descritas nos diferentes apartados do prego técnico, sendo o fin do presente concurso seleccionar a mellor proposta de remodelación e posible ampliación dos terreos que ocupa o porto. Establécese un limitado número de condicionantes e limitacións nas bases e pregos deste concurso para dar aos participantes a maior liberdade posible, co obxecto de facilitar durante o concurso a libre expresión de formulacións de intervención e urbanísticos orixinais, os cales poderán mesmo avanzar solucións programáticas e construtivas acordes a este tipo de intervención, sempre no marco da maior eficiencia na utilización nos recursos e configuración parcelaria e edificatoria existente, dando por feito que para a construción da proposta gañadora será necesario modificar o actual PUEP e no seu caso a vixente PXOM municipal.

As actuacións propostas a propor NON contan con orzamento máximo estimado. O desglose do orzamento máximo pola actuación determinaraa o concursante, vinculado á fase ou fases e programa de actuación que se propoña de acordo ao prego técnico proposto. Na estimación económica que realicen os concursantes, en euros, deberase determinar tanto o Orzamento de Execución Material (PEM), como o de Contrata (PC), o cal estará formado polo PEM, máis o 13% de GG e 6% BI e o 21% de IVE.

Destinatarios do concurso

De acordo co obxecto do concurso, e dentro das competencias, estudos e coñecementos profesionais recoñecidos, poderán concorrer ao presente concurso: Equipos multidisciplinares con profesionais con competencias na materia (arquitectos e enxeñeiros de camiños canles e portos), de ordenación, construción e deseño portuario, de ordenación urbanística, ambiental, e no deseño de edificacións segundo establece a Lei 38/1999 de ordenación da edificación que formen equipos baixo a dirección destes, persoas físicas, xurídicas e UTE, así como os requisitos dos concursantes, como son solvencia técnica, económica e financeira. En todos os equipos terá que haber como mínimo un Arquitecto e un Enxeñeiro de Camiños.

Prazo e lugar de presentación das propostas

Outorgarase un prazo mínimo de setenta e cinco días naturais para a presentación das propostas técnicas que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación do contrato no perfil do contratante (art. 156.6 LCSP), co fin de garantir que os concursantes dispoñen de tempo suficiente para a elaboración das súas propostas.

A data de publicación no Perfil del Contratante foi o 26/01/2022 e o prazo el plazo remata o 11/04/2022 ás 13:00 h

A presentación de proposiciones será presencial nos rexistros administrativos do Concello de Sanxenxo, situado en:

Concello de Sanxenxo R/ Madrid nº 1 36960 Pontevedra España

Teléfono do concello: +34 986 720 075 Fax: +34 986 721 000

Sitio web oficial do concello: https://www.sanxenxo.es/index.php/es/

 

Asimismo, poderán presentarse as proposicións por correo e por mensaxería nos termos previstos na cláusula 8 das bases. 

Publicación no perfil del contratante

bottom of page