top of page

Data: 03/02/2022

CONSULTA: Respecto á clausula 05.CONDICIÓNS DE CAPACIDADE E APTITUDE PARA PARTRICIPAR NO CONCURSO, SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA, di: poderán concurrir ao presente concurso: Equipos multidisciplinares con profesionais con competencias na materia (arquitectos e enxeñeiros de camiños, canais e portos). En todos os equipos terá que haber, como mínimo, un Arquitecto e un Enxeñeiro de Camiños.

​

Indicación de relevancia: Cada participante só poderá formar parte dun único equipo, ben sexa como titular ou como colaborador.

​

¿Cumpriría coa cláusula unha empresa que cupre coa solvencia Técnica, económica e financieira, tendo como colaborador ou subcontratado a un Enxeñeiro de Camiños, sen ter que participar en agrupación (UTE)?

​

RESPOSTA: No presente procedemento resulta plenamente aplicable o indicado no artigo 75 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, no que se regula a integración da solvencia dos licitadores con medios externos, e no propio Prego de bases faise referencia á figura do colaborador, entre outras, na Cláusula 5: "Cada participante só poderá formar parte dun único equipo, ben sexa como titular ou como colaborador, e nos Anexos 1.1, 1.2 e 1.3. 

​

De acordo co disposto no dito artigo 75, considérase admisible que as persoas físicas e/ou xurídicas interesadas en presentar a súa proposta en relación ao "CONCURSO ABERTO DE IDEAS PARA A REMODELACIÓN DOS TERREOS QUE OCUPA O PORTO DE PORTONOVO E A SÚA CONTORNA NO CONCELLO DE SANXENXO (PROVINCIA DE PONTEVEDRA)" poidan recurrir a medios externos para acreditar a súa solvencia, a través da integración con medios externos.

​

No suposto formulado, a empresa que realiza a consulta deberá de achegar dentro do "SOBRE 1-Documentación administrativa", os seguintes documentos:

​

- Boletín de inscrición que proceda (de entre os modelos recollidos como Anexos 1.1, 1.2 e 1.3), debidamente cuberto e asinado, indicando neste documentos os nomes dos autores da proposta, do director do proxecto e o dos colaboradores.

​

- Declaración Responsable, redactada conforme ao modelo recollido como Anexo 2 do Prego de bases e debidamente cuberta e asinada, sendo neste documento no que o licitador declarará responsablemente, entre outros aspectos e tal e como se contempla no dito modelo, que conta coa solvencia esixida no Prego, sen necesidade de achegar, nesta fase do procedemento (fase de concurso de proxectos), documentación acreditativa de tal extremo, o que será acreditado nunha fase posterior do procedemento, tal e como se indica nos últimos 3 parágrafos da cláusula 5 do Prego de bases (pág. 12)

​

En tod caso, lémbrase a IMPORTANCIA de ter en conta a LIMITACIÓN RECOLLIDA NA CITADA CLÁUSULA 5 DO PREGO DE BASES, en virtude da cal cada participante só poderá formar parte dun único equipo, ben sexa como titular ou como colaborador, e só poderá presentar unha única proposta para cada praza, sendo o incumprimiento deste munto motivo de descalificación de todas as propostas nas que participe

​

​

Esta consulta e a súa resposta e únha transcrición e traducion ao galego da que se pode atopar no perfil de contratante do dito concurso, que se pode consultar aquí, dentro do apartado "Preguntas e respostas". En caso de discrepancia, prevalecerá o indicado no dito apartado

Data: 23/03/2022

CONSULTA: Nas bases administrativas e técnicas na súa páxina 48 especifica o seguinte en relación ao aparcamento de vehículos: "Aparcamento de vehículos lixeiros que dean servizo ao conxunto das necesiddades (semi-enterrado ou baixo rasante) - 500 prazas"

 

As preguntas son:

 

- ¿É condición que o aparcamento sexa semi-soterrado ou baixo rasante?

 

- Na visita á parcela formulouse a posiblidade de reducir o número de prazas a 300 e o número de prazas de aparcmento de camións. ¿Podería facerse unha aclaración a este tema?

​

RESPOSTA: 

- A disposición volumétrica do posible aparcamento de aproximadamente 300 prazas é, como o propio aparcamento, potestade do concursante, podendo disporse en superficie, seme enterrado ou baixo rasante.

- A cifra de 500 prazas que se reflicte no cadro de usos e superficies no espazo de uso portuario do prego de bases técnicas trátase dun erro material, xa que, no apartado de mellora do bordo urbano, indícase que o aparcamento baixo rasante que se pode propor é de aproximadamente 300 vehículos, como dixemos no punto anterior. E no cadro de usos e superficies no espazo de uso non estritamente portuario, volve a citarse a posible creación dun aparcamento seme enterrado ou baixo rasante de 300 prazas.

 

O número de prazas para aparcamento en superficie para camións (tráileres) disposta no cadro de usos e superficies do programa no espazo de uso portuario no prego de bases técnicas é de 12, atopándose, como o resto de parámetros, na columna de «Superficies aproximadas.

​

Esta consulta e a súa resposta e únha transcrición e traducion ao galego da que se pode atopar no perfil de contratante do dito concurso, que se pode consultar aquí, dentro do apartado "Preguntas e respostas". En caso de discrepancia, prevalecerá o indicado no dito apartado

CONSULTA: As cuestións que se plantexan para poder aclarar obrigatoriedade, características e dimensións sobre o aparcadoiro son as seguintes:

​

- é obrigatorio incluír prazas de aparcadoiro alleas ás necesidades derivadas do uso puramente portuario?

 

- indícanse diferentes cifras sobre as dotacións de prazas de aparcadoiro, 300 e 500 prazas. Poderíase aclarar cal é o numero mínimo de prazas para usos portuarios e cales para uso público?

 

- de xeito ambiguo as bases orientan cara a “creación dun aparcadoiro baixo rasante de 300 vehículos” en “03. Programa necesidades”; de tipo “seme enterrado ou baixo rasante 500 prazas” en “B. Usos e superficies do programa. No espazo de uso portuario”; e “Posible creación dun aparcadoiro seme enterrado ou baixo rasante de 300 prazas - A determinar polo concursante” en “B. Usos e superficies do programa No espazo de uso non estritamente portuario”

 

Quixeramos coñecer se existe algunha obriga ao respecto, se ten que ser baixo rasante, seme enterrado, ou en superficie, ou se queda ao criterio da concursante.

​

RESPOSTA: 

- O prego establece, en canto ao aparcamento de vehículos, que a dotación de prazas incluirá, como mínimo, aquelas necesidades derivadas do uso puramente portuario, podéndose propor a creación dun aparcamento, seme enterrado ou baixo rasante, de aproximadamente 300 vehículos, xustificando a súa viabilidade económica.

 

- A cifra de 500 prazas que se reflicte no cadro de usos e superficies no espazo de uso portuario do prego de bases técnicas trátase dun erro material, xa que, no apartado de mellora do bordo urbano, indícase que o aparcamento baixo rasante que se pode propor é de aproximadamente 300 vehículos, como dixemos no punto anterior. E no cadro de usos e superficies no espazo de uso non estritamente portuario, volve a citarse a posible creación dun aparcamento seme enterrado ou baixo rasante de 300 prazas.

 

- No espazo portuario competencia da comunidade autónoma non hai , en xeral, unha obriga legal de dotación mínima de aparcamentos en función dos distintos usos, agás a referida no prego relativa ao Decreto 130/2013. Porén, as dotacións establecidas nas distintas normativas de planeamento urbanístico poden servir de referencia. E no dominio público portuario todas as prazas de aparcamento son de uso público, tarifado ou non, de acceso libre ou restrinxido, e para os usuarios do porto, excepto aquelas poucas que poden estar nunha superficie outorgada en concesión para dar servizo ás actividades desta. Iso si, no prego de bases técnicas do concurso, nas directrices a ter en conta nos espazos de uso portuario e de uso cidadán, dentro o mantemento das actividades portuarias actuais está o aparcamento de vehículos e no análise de mellora de necesidades de cada un dos sectores portuarios está a dotación de prazas de aparcamento para todos os servizos portuarios, tendo ademais en conta a contorna marcadamente urbana.

 

- Por último, a disposición volumétrica do posible aparcamento de aproximadamente 300 prazas é, como o propio aparcamento, potestade do concursante, podendo disporse en superficie, seme enterrado ou baixo rasante.

 

Esta consulta e a súa resposta e únha transcrición da que se pode atopar no perfil de contratante do dito concurso, que se pode consultar aquí, dentro do apartado "Preguntas e respostas". En caso de discrepancia, prevalecerá o indicado no dito apartado

CONSULTA: 

​

Nas bases do concurso dise que o aparcamento poderá ser en superficie, semi soterrado e baixo rasante, a determinar polos concursantes. ¿Podería desenvolverse en dúas plantas baixo rasante?. Ao consultar a normativa municipal de Sanxenxo non se especifica nada ao respecto do número de plantas que podería ter baixo rasante. 

​

RESPOSTA: 

O vixente Plan xeral de ordenación municipal do concello de Sanxenxo non contén determinación ningunha relativa á limitación de sotos no solo público, e en particular no ámbito da zona de servizo do porto de Portonovo. En todo caso, será o concursante quen deberá xustificar técnica e economicamente nesta fase outras solucións, como é desenvolver a planta de soto en máis dunha planta.

 

Esta consulta e a súa resposta e únha transcrición e tradución ao galego da que se pode atopar no perfil de contratante do dito concurso, que se pode consultar aquí, dentro do apartado "Preguntas e respostas". En caso de discrepancia, prevalecerá o indicado no dito apartado

bottom of page