top of page
Señal en piedra_vivecamino.jpg
Inicio: Imagen

Introdución

A Lei 9/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, definiu estas vías como bens públicos de natureza cultural, incluídos na categoría de territorio histórico, onde xunto co Camiño Francés e os Camiños do Norte, hoxe Patrimonios da Humanidade, se recoñecía como Camiños de Santiago, o Camiño Portugués, a Ruta da Prata, o Camiño Inglés, a Ruta do Mar de Arousa e Ulla, procedéndose dende 2008 á delimitación do seu territorio histórico, como apoio á súa protección e á súa declaración BIC. En realidade, os camiños históricos que habería que protexer en Galicia, co seu territorio histórico van máis alá dos citados, e incluirían outros camiños tamén con orixe ou destino Santiago, e numerosos camiños reais e estradas históricas nas que se apoiu a construción do territorio urbano e rural de Galicia .
A protección, a conservación e a recuperación dos camiños de Santiago en Galicia é unha responsabilidade da Administración, dende a estatal á autonómica e local, na que os enxeñeiros de camiños, canais e portos temos un papel fundamental, polo coñecemento das transformacións históricas da rede viaria, pola escala territorial das nosas intervencións e pola experiencia na intervención nos camiños históricos con sensibilidade cara ao patrimonio construído. De feito, é a propia Axencia Galega de Infraestruturas, con presenza maioritaria de enxeñeiros de camiños, a que está a levar a cabo, xunto coa sociedade Xestión do Plan Xacobeo, a maioría destas intervencións, ás que acompañan en obras de rehabilitación e difusión do patrimonio edificado as propias Deputacións Provinciais.
O Plan Xacobeo 2021 é unha oportunidade para poner en valor este traballo, e como se sinala no Plan Estratéxico Xacobeo 2021 para poñer en valor a nosa cultura, paisaxe, memoria, recursos e territorio rural e urbano, nun proceso, co que nos sentimos identificados os enxeñeiros de camiños, canais e portos, onde estas Xornadas tratan de transmitir aos nosos novos profesionais as posibilidades que as intervencións en enxeñaría histórica dende o proxecto, a construción e a conservación.
Carlos Nárdiz Ortiz
Coordinador da Xornada

Inicio: Texto
Ildefonso de la Campa.jpg

Ildefonso de la Campa

Director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño da SA Xestión do Plan Xacobeo

Antonio Leira Piñeiro.jpg

Antonio Leira

Presidente da Comisión de Economía, Facenda, Especial de Contas, Persoal e Réxime Interior da Deputación da Coruña

P1350059 - recortada2.JPG

Enrique Urcola

Decano da Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Inicio: Oradores
Carlos Nárdiz Ortiz.png

Carlos Nárdiz

Profesor titular da Área de Urbanismo e Ordenación do Territorio. UDC

Manuel Mirás Franqueira.jpg

Manuel Mirás

Presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Alcalde de Oroso

Luis Gestal Ernau.JPG

Luis Gestal

Xefe de Área de Obras e Mantemento da Axencia Turismo de Galicia

Inicio: Oradores
Claudia Landeira Calviño.jpg

Claudia Landeira

Directora de Execución do contrato de Conservación Integral dos Camiños de Santiago

Luis Gestal Ernau.JPG

Luis Gestal 

Xefe de Área de Obras e Mantemento da Axencia Turismo de Galicia

Francisco Barea Paz_1.jpg

Francisco Barea

Director do Instituto de Estudos do Territorio

Inicio: Oradores
Francisco Menéndez Iglesias.jpg

Francisco Menéndez

Director da Axencia Galega de Infraestruturas

Ethel Vázquez Mourelle.jpg

Ethel Vázquez

Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

Inicio: Oradores

Organiza

Logo_word Galicia_Página_1.tif
Inicio: Patrocinadores

Colaboran

DaCoruna2.jpg
Galicia o bo camiño3.jpg
Inicio: Patrocinadores
bottom of page